sábado, 6 de mayo de 2023

CONCURSO-EXPOSICIÓN "CRECIÓNS DE CARTÓN"

 Animamos a todo alumnado a que  participe elaborando de forma creativa e inxeniosa unha creación(adorno, xoguete, minimundo, aparello...) con cartón que pode ser de distinto grosor e mesmo decorarse con papeis, cores, paus e materia vexetal seca. De forma visible terá o nome e curso do alumno/a. Expoñeranse as creacións e haberá un 1º, 2º e un 3º premio en cada corredor. 

Exposición do corredor de Infantil:


Exposición no corredor de 1º e 2º de Primaria:

Exposición no corredor de 3º e 4º de Primaria:

Exposición de 5º e 6º de Primaria:
 
 
Da exposición de Infantil as creacións premiadas son:
1º premio:

2º premio:

3º premio:

Da exposición de 1º e 2º de Primaria as creacións con premio son:
1º Premio:

2º premio:
3º premio:
 Na exposición de 3º e 4º de Primaria as creacións premiadas son:
1º premio:

2º premio:

3º premio:

 Na exposición de 5º e 6º a única creación presentada obtivo o 1º premio:


Non foi doado para o equipo Voz Natura outorgar premios porque había moita variedade e creatividade nas creacións presentadas. O equipo Voz natura determinou dar un pequeno agasallo ás demais creacións presentadas.
Agradecemos a participación do alumnado e implicación das familias neste concurso-exposición.































domingo, 16 de abril de 2023

HORTO CHEO DE CULTIVOS

 









OBRADOIRO DE INCUBACIÓN DO ALUMNADO DE 1º

 O alumnado de 1ºA e 1ºB realizaron de forma conxunta un obradoiro de incubación mixta de aves. Iniciaron a incubación o 1 de marzo cos ovos de oca, que precisan máis días na incubadora e logo cos de quica e galiña o 8 de marzo.




A eclososíón empezou o 29  nos de galiña e quica e o 31 nos oca.




 Dos sete poliños quedaron seis porque un non foi adiante e das ocas unha naceu pateña e imos observando.













viernes, 31 de marzo de 2023

A ECOPATRULLA PLANTA ORNAMENTAIS NA ZONA DO ESTANQUE


O venres 24 de marzo os rapaces e rapazas axudaron a plantar unhas plantiñas ornamentais.





 

TEMPO DE TRANSPLANTAR

 As plantiñas medraron no invernadoiro e acadaron un tamaño xeitoso para plantar nos bancais. Cada aula ocupouse de transplantar as súas plantiñas (tamén chamadas plantóns).

O 21 de marzo 1ºA transplantou na cabeceira do primeiro bancal xirasois e xudías. Na cabeceira do segundo bancal tamén transplantaron xirasois, e altramuces.













O 27 de marzo realizaron a actividade de transplante as aulas de 2º, 1ºB e 3 anos.

 A aula de 2º transplantou no cuarto bancal: altramuces, xudías, leituga e ceboliño.


Aquí temos algunhas imaxes do alumnado de 1ºB, que completaron o primeiro bancal con: remolacha, allo porro e leituga. Tamén completaron o segundo bancal con: garabanzos, allo porro e leituga.




                   






 
Os pequeniños e pequeniñas de 3 anos plantaron no quinto bancal: altramuces, pataca agria, leituga e ceboliño.

O 30 de marzo realizaron a actividade de transplante as aulas de 4ºA, 3ºA e 3ºB.

Os rapaces e rapazas de 4ºA transplantaron no sexto bancal: garabanzos, pataca agria, leituga  morada e allo porro.


 O alumnado de 3ºA transplantaron no séptimo bancal: xirasois, altramuces, xudías e garabanzos.

Aquí temos algunhas imaxes do alumnado de 3ºB, que realizaron a actividade no horto do invernadeiro transplantando: garabanzos, leituga morada, remolacha, rúcula e allo porro.








 
Aproveitaron para comprobar o calor interior da composta, que acadou os 60 graos centígrados.